Pícnic na Casa de Salceda en Arxentina
AUTOR: -. DESCRIPCIÓN: Retrato de 26 membros do Centro Social Salceda en Bos Aires, celebrando un pícnic. DATA DA CAPTURA: principios da década de 1950. DESCRIPTOR XEOGRÁFICO: Bos Aires. TIPO: fotografía. 0226GSB
Guillermo Sousa Besada cos seus compañeiros camareiros.
AUTOR: Foto Santos. Necochea 1169 – Capital T.E.21-8345. DESCRIPCIÓN: Guillermo Sousa Besada vestido de camareiro (con chaqueta branca) diante da barra do bar “Café y Bar Casablanca” de Bos Aires, xunto cos seus compañeiros de traballo que están detrás da barra. DATA DA CAPTURA: década 1960. DESCRIPTOR XEOGRÁFICO: Bos Aires. TIPO:…
“Viaxe ás Illas do Sur”
AUTOR: -. DESCRIPCIÓN: retrato de estudio onde aparecen Luis Martínez entregando os documentos do seu 4º viaxe ás Illas do Sur, acompañado de Gumersindo Martínez, no seu 1º viaxe. DATA DA CAPTURA: 31.08.1923. DESCRIPTOR XEOGRÁFICO: Bos Aires. TIPO: tarxeta postal. 0224GSB
Santos Raimundo Besada Márquez cun carro de venda ambulante
AUTOR: -. DESCRIPCIÓN: aparece Santos Raimundo Besada Márquez co seu carro de venda ambulante xunto ao seu negocio, unha despensa de produtos de alimentación, na rúa que se pode ler no mesmo carro, a Rúa Cuenca de Bos Aires: “Provisión La Confianza Besada. Cuenca 1501″. DATA DA CAPTURA: década 1930. DESCRIPTOR…
Retrato de Santos Raimundo Besada sentados nun parque
AUTOR: -. DESCRIPCIÓN: Santos Raimundo Besada Márquez, acompañado dun amigo, vestidos con traxe e garabata, sentados nun parque de Bos Aires. Ao seu carón teñen apoiados no chan un sombreiro branco con lazo negro cada un. DATA DA CAPTURA: 03.01.1932. DESCRIPTOR XEOGRÁFICO: Bos Aires. TIPO: fotografía. 0210GSB